PIE AEMOS 2020/2021: Programa Integrado de Emprego

AEMOS, un ano máis, pon en marcha un novo Programa integrado de Emprego, co cofinanciamento da Cª de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia) e o Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.

O programa, cunha duración inicial dun ano (ata 08/11/2020)  e cun obxectivo de inserción do 45%, céntrase en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Vigo

O PIE de AEMOS 2020/2021 centra os seus esforzos en desempregados/as que pertenza aos seguintes colectivos:
• Persoas con certificado de discapacidade
• Persoas en risco de exclusión social e beneficiarias RISGA
• Menores de 30 anos con baixa cualificación
• Menores de 30 anos desempregados
• Persoas Maiores de 45 anos.
• Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI
• Personas desempregadas beneficiarias do programa PREPARA
• Mulleres desempregadas
• Persoas desempregdas non incluidas en ningún dos grupos anteriores

Ao longo do desenvolvemento do programa, os/as usuarios/as recibirán accións de:

a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección laboral.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, que inclúe Certificado de Profesionalidade

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 7,00 €/día de asistencia ás accións do programa.

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: insere@aemos.es 

6 Comments

Deja tu comentario

Your email address will not be published.

Abrir chat
Powered by