Programa de Emprego INSERE +

AEMOS, un ano máis, porá en marcha un novo Programa integrado de Emprego, denominado INSERE Máis, co cofinanciamento da Cª de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia) e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

O programa, cunha duración inicial dun ano, e cun obxectivo de inserción do 45%, centrarse en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Mos e Vigo.

INSERE Máis centrará os seus esforzos en desempregados/as que pertenza aos seguintes colectivos:
• Persoas con certificado de discapacidade
• Persoas en risco de exclusión social
• Menores de 30 anos con baixa cualificación
• Menores de 30 anos desempregados
• Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción
• Personas desempregadas beneficiarias do programa PREPARA
• Persoas Maiores de 45 anos.

Ao longo do desenvolvemento do programa, os/as usuarios/as recibirán accións de:

a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección laboral.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar

Por iso, se pertences a algún destes colectivos e estás interesado/a en participar, debes contactar con nós:

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: insere@aemos.es 

No Comments Yet

Deja tu comentario

Your email address will not be published.