Programa Integrado de Emprego de AEMOS: Proceso de Selección

AEMOS, un ano máis, porá en marcha un novo Programa integrado de Emprego, co cofinanciamento da Cª de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia) e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

O programa, cunha duración inicial dun ano (ata 14/11/2020)  e cun obxectivo de inserción do 45%, centrarse en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Vigo

O PIE de AEMOS 2019/2020 centrará os seus esforzos en desempregados/as que pertenza aos seguintes colectivos:
• Persoas con certificado de discapacidade – 5 prazas
• Persoas en risco de exclusión social e beneficiarias RISGA – 3 prazas
• Menores de 30 anos con baixa cualificación – 15 prazas
• Menores de 30 anos desempregados – 27 prazas
• Persoas Maiores de 45 anos. – 15 prazas
• Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI – 15 prazas
• Personas desempregadas beneficiarias do programa PREPARA – 10 prazas
• Mulleres desempregadas – 5 prazas
• Persoas desempregdas non incluidas en ningún dos grupos anteriores – 5 prazas

Ao longo do desenvolvemento do programa, os/as usuarios/as recibirán accións de:

a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección laboral.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, que inclúe Certificado de Profesionalidade

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 5,00 €/día de asistencia ás accións do programa.

Para máis información ou se estás interesado/a en participar no noso programa, debes contactar con

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: insere@aemos.es 

No Comments Yet

Deja tu comentario

Your email address will not be published.